jueves, 7 de marzo de 2013

OS LIBROS MÁIS LIDOS NESTA AVALIACIÓN

Aquí vos deixo algunhas portadas dos libros que lestes moitos de vós durante esta avaliación. Podedes engadir os vosos comentarios para que os vosos compañeiros se animen e os lean. Anímate e faino! É outra maneira de animar a ler! Xa sabedes, podedes Personas 429seguir lendo outros que están recomendados na listaxe de aula.Non deixedes de facelo!
                                                                           

                                                                                                                                                     

     




      

                                                                                                           















7 comentarios:

  1. Ola, son Simón de 1ºB.
    Quería dicirvos que lin "AMOR DOS QUINCE ANOS,MARILYN",e encantoume!! É un libro cuns cantos relatos moi entretidos:
    No primeiro trata do conde Drácula,ao que lle doen as costas!
    Noutro cóntase a historia dun escritor desaparecido!
    No penúltimo, unha casa é invadida por gatos!
    Todos moi entretidos e divertidos.
    NON VOLO PERDADES!!!

    ResponderEliminar
  2. Son Iria de 2º ESO B,quería decirvos que o libro"Avenida do parque 17" (de Agustín Fernández Paz) é un libro moi entretido, no cal,se dan razóns para non crer só no que vemos!!! Se vos gustan os libros de misterio e amizade ,este é o perfecto!!

    ResponderEliminar
  3. Ola!Somos Jeni e María de 1ºESO A,animovos a que leades algúns destes libros porque son moi interesantes e entretidos

    ResponderEliminar
  4. Ola son Yolanda de 1ºESO A.Eu leín o libro As viaxes do príncipe azul e gustoume moito.
    Anímovos a que o leades.

    ResponderEliminar

  5. Ola! Son Ana, de 2º ESO B. Destes libros, linme tres deles. "No corazón do bosque" un libro moi bonito, no cal daste conta do cariño que lle podes coller a unha mascota, neste caso a un trasno. Tamén lín "Avenida do parque, 17" ; non foi dos mellores libros , pero si que me gustou moito. E o que máis me gustou foi "Dúas bágoas por Máquina" que llo recomendo ler a todo o mundo, xa que non lín un libro que me gustara tanto coma este.

    ResponderEliminar
  6. Ola!! Son Borja de 1º ESO B.
    Anímovos a que leades "No corazón do bosque".
    É un libro moi entretido e gracioso.
    NON VOLO PERDADES!!!!

    ResponderEliminar
  7. Ola!, pola miña parte, eu recoméndovos toda a colección dos `Megatoxos´, é moi entretida, mais se vos gustan as aventuras non esperedes máis, e a ler! (Ángel Alonso 2ºESO B )

    ResponderEliminar