sábado, 16 de marzo de 2013

DESCRIBINDO A UN ANIMAL

As descricións de animais fan referencia ás carecterísticas físicas e, ás veces, tamén ao seu comportamento. As palabras que máis axudan a describir son os adxectivos ,e o recurso máis frecuente é a comparación.

Imos practicalo! Podes elixir un animal que che guste e facer unha presentación en PowerPoint sobre el, ou utilizar o modelo que che engado, e presentalo na aula cando remates.


ALUMNO/_________________________________________CURSO_____________

DESCRICIÓN DUN ANIMAL ( exemplo )






Estas son algunhas das descricións realizadas por vós. 





A MIÑA CADELA



     A miña cadela é de raza chihuahua e chámase Luna. É de cor dourada escura e marrón.  Ten os ollos castaños escuros e saltóns, e as unllas e o nariz negros. As súas orellas son longas e aguzadas e por elas escoita moi ben. Os seus dentes son brancos como perlas e non lle gusta nada que llos limpe. A súa pasta
de dentes cheira bastante mal. Pesa 3 quilos e medio e mide 30 centímetros.
      É un pouco agresiva cos descoñecidos xa que, lles morde nos nocellos. Non lle gusta comer de prato, come todo no chan. Ten a súa mantiña propia que non lle gusta que toquen. Gústalle moito correr polo xardín e coller coa boca un paxaro de peluche, vermello e branco. É bastante intelixente porque todas as noites saca a súa manta da cama para que a cubras con ela. Gústalle tirar a terra das plantas e esconder a comida nos tarros. Ás veces mexa nas alfombras aínda que sabe que non o pode facer.
     Vai sempre detrás dos gatos pero tenlles medo e non se acerca a eles. Ládralle aos cans máis grandes ca ela pero, aos máis pequenos,tenlles medo.  Ás veces ,vai  pasear pero tenlle medo aos coches. Cada vez que dis o seu nome, grita e ponse a chorar. 

                                    (  Marta Cruces.  2º  A)






O LOBO                      



O lobo é un animal fantástico. Demostra a súa ferocidade mediante a súa cara. Se lle miras para os seus ollos e a súa cara, méteche no corpo moita intriga pero,ao mesmo tempo, tamén, dá un pouco de medo. Ten o corpo cuberto de pelo, musculoso e esvelto.
Para min é o animal máis apreciado e respectuoso do mundo. 
                                                                            ( Gabriel Soutelo. 1º B)













1 comentario:

  1. Son Marta Cruces de 2ºA
    Gustoume moito facer este traballo porque así pódense saber os gustos dos demais e coñecer as súas mascotas ou animais favoritos.

    ResponderEliminar