martes, 30 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Neste mes de maio, concretamente o día 17,celebramos a festa das nosas letras!

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Foi a Real Academia galega a que propuxo que se celebrase todos os anos, nesta data. 
Cada ano hónrase e difúndese a memoria e a obra da persoa homenaxeada.

50 anos de celebración! Canta cultura!

Rosalía de Castro (1963) · Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1964) · Eduardo Pondal (1965) · Francisco Añón Paz (1966) · Manuel Curros Enríquez (1967) ·Florentino López Cuevillas (1968) · Antonio Noriega Varela (1969) · Marcial Valladares Núñez (1970) · Gonzalo López Abente (1971) · Valentín Lamas Carvajal(1972) · Manuel Lago González (1973) · Xoán V. Viqueira Cortón (1974) · Xoán Manuel Pintos Villar (1975) · Ramón Cabanillas (1976) · Antón Vilar Ponte(1977) · Antonio López Ferreiro (1978) · Manuel Antonio (1979) · Afonso X o Sabio (1980) · Vicente Risco (1981) · Luis Amado Carballo (1982) · Manuel Leiras Pulpeiro (1983) · Armando Cotarelo Valledor (1984) · Antón Lousada Diéguez (1985) · Aquilino Iglesia Alvariño (1986) · Francisca Herrera Garrido (1987) ·Ramón Otero Pedrayo (1988) · Celso Emilio Ferreiro (1989) · Luis Pimentel (1990) · Álvaro Cunqueiro (1991) · Fermín Bouza-Brey (1992) · Eduardo Blanco Amor(1993) · Luis Seoane (1994) · Rafael Dieste (1995) · Xesús Ferro Couselo (1996) · Ánxel Fole (1997) · Martín Codax / Xohán de Cangas / Mendinho (1998) ·Roberto Blanco Torres (1999) · Manuel Murguía (2000) · Eladio Rodríguez (2001) · Frei Martín Sarmiento (2002) · Antón Avilés de Taramancos (2003) · Xaquín Lorenzo (2004) · Lorenzo Varela (2005) · Manuel Lugrís Freire (2006) · María Mariño Carou (2007) · Xosé María Álvarez Blázquez (2008) · Ramón Piñeiro(2009) · Uxío Novoneyra (2010) · Lois Pereiro (2011).  Valentín Paz-Andrade (2012) · Roberto Vidal Bolaño (2013)




O teatro galego está de festa! A Real Academia Galega decidiu adicar este ano 2013,  a un home do teatro: Roberto Vidal Bolaño. 

aclown.gif (13816 bytes)

El definíase así:


 Nós imos realizar diferentes traballos que nos leven a coñecer  a este gran dramaturgo e, tamén, este xénero literario que el tan ben cultivou ao longo da súa vida. Porque coma el, nós tamén nos sentimos:








Simon !

 O voso compañeiro, de 1º ESO B, acadou o 1º premio ( categoría A ), no concurso de microrrelatos organizado polo noso IES. Podedes ler o seu texto no blog do centro  (tedes a súa ligazón na marxe deste blog).Pero como sei que vos custa darlle ao rato,  aquí volo deixo para que o leades    e  lle deades os vosos parabéns!                                              



 DIARIO DE XOSÉ:
"Cando vivía debaixo dunha ponte atopei un par de mozas das que me fixen amigo. Fomos vivir todos á ponte. Contáronme que seus avós foran ricos, pero que só lles quedara unha trompeta, unha entrada de cinema que puña “12 de maio de calquera ano” e un monicreque. Hoxe era o día, así que fomos ao cinema máis próximo. Ao chegar, non serviu a entrada; entón sentamos ás agachadas na primeira fila, e cando nos ían descubrir, puxémoslle a trompeta ao monicreque, que cobrou vida!!! Tocouna e todo quedou conxelado no tempo; entón sentimos un gran desexo de entrar na película sendo así parte dos soños, parte do cinema.
Xosé."
                                             Simón Rodríguez Teixeiro


                      


Xa estades a entregar os traballos que realizastes.Que ben vos quedaron!
Acabamos de cambiar o decorado(como se estivesemos no teatro, que casualidade, verdade?), dos corredores que van cara as vosas aulas e case non cabían! Traballastes moito. Canta creatividade!
Aquí tedes algúns deles, pero xa sabedes que hai máis.





Outros de vós realizastes os traballos noutros formatos: textos, presentacións, poemas... Moitísima variedade! Mirade!






Bandera Gif Gallega
Andrea Taboada Rodríguez  2º ESO A



Daniel  e  Simón, 1º ESO B




María Freiría, 2º ESO A





O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Chegou o Día das Letras Galegas!
Por durmir non me poñen pegas.
Este dezasete de maio é un día especial,
fáiselle unha homenaxe a Roberto Vidal.
Neste gran día das letras galegas,
en Tui, faise a feira dos libros,
cando máis relocen as estrelas,
alumeando grandes escritos.
Un día de loita, de emoción,
historia e cultura,
ciencia e literatura.
Todo xunto, presta atención,
a nosa lingua é unha tradición!

                                                                      Guillermo Martínez Loureiro, 1º ESO A





miércoles, 10 de abril de 2013

A LECTURA, UN MUNDO DE AVENTURA

O próximo día 23 de abril festéxase  O DÍA DO LIBRO. A elección do día 23 de abril como día do libro e dos dereitos de autor, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data, no ano 1616.

Profesiones 530Nós, ímonos adiantar un pouquiño a esta celebración. Xa sabes que ler enriquece os coñecementos e o vocabulario e que sempre te estou animando a que o fagas. Así que, para esta ocasión tan especial, ademais de seguir lendo, terás que facer algunha presentación, algún cartel homenaxe,algún poema, algunha historia: relato curto, cómic...ou calquera outra idea  que se che ocorra para celebrae esta data, onde o protagonista principal será o libro. Anímate e, a traballar!






Aquí vos deixo un vídeo onde o libro é o protagonista e, como non, o noso heroe,en tantas  e tantas ocasións. 






Moi ben! Rematastes os traballos e quedaron chulísimos! Grazas pola vosa participación! Podedes ver algúns deles no corredor, de camiño ás aulas, adornando as paredes e invitándonos a  reflexionar sobre a importancia da lectura. Aquí vos deixo unha mostra deles. Pero hai moitos máis!
                    








                                              

Tamén realizastes algunhas presentacións , historias, poemas...Toda unha variedade de actividades onde recollestes a importancia que teñen os libros e toda a axuda que nos prestan. Sen eles, a vida non sería o mesmo, por iso necesitamos: 

                                                                                             
 LER PARA VIVIR
Aquí vos deixo algunhas delas para que as disfrutedes e, xa sabes, engade os
Informatica 242teus comentarios!

-Cristina e o seu libro-

Érase unha vez un libro,vello e cheo de po, que vivía no andel da habitación de Cristina, unha rapaza duns 15 anos.O noso libro estaba triste,porque cría que xa nunca máis podería revivir as suás aventuras,nin que ninguén volvería lelo nunca.
Un día que Cristina se puxera a limpar a súa habitación,fixouse nun vello libro,o noso libro, que tiña no seu andel.Cristina colleuno e comezo a ollalo.Entón decatouse de que aquel libro xa era demasiado infantil para ela.Foi xunto á súa nai e díxolle:-Mamá, dásme permiso para ir ver a Xulia á gardería? É que quero darlles unha cousa aos rapaces.
Cando Cristina conseguiu o permiso da súa nai colleu o seu bolso e mais o libro e marchou camiño da gardería.Cando chegou, a súa irmá estaba na recepción,a punto de irlles contar un conto aos rapaces de 5 anos.Cando Xulia viu aparecer a Cristina pola porta ,díxolle:
-Ola, Cris!Que ves facer aquí?Se me queres preguntar algo terás que esperar,teño que ir contarlles un conto aos pequenos.-
-Diso quería falarche.É que atopei este libro no meu andel ,e xa é demasiado infantil para min,por iso cho traio.
Entón,Cristina e Xulia, encamiñáronse cara a aula dos nenos/as de 5 anos.Xulia chamou a todos os rapacese, pediulles que collesen un coxín e que sentaran enfronte á enorme butaca que había na aula.Xulia sentou na butaca e díxolle a Cristina que collese unha cadeira e que sentara ao seu carón.Xulia colleu o libro das mans de Cristina e comezou a lelo,mentres este pensaba:
Que ben me sento cando me len!É unha sensación tan marabillosa e máxica,que non sei como explicala!!!”
Cando Xulia rematou de ler,todos os nenos comezaron a dicir cousas como:
Encantoume” “É precioso” “É o mellor libro de aventuras de todos os tempos”,etc...
De súpeto, Xulia decatouse de que a portada do libro xa estaba algo vella,entón decidiu mandalo a unha tenda para que lle puxeran unha portada nova .Cando o libro volveu ter aspecto de estar recén comprado Xulia e Cristna decidiron deixalo no andel dos libros de préstamo, e así,cada mércores,todos os rapaces comezaban a pelexar por ver quen o collía antes e quen conseguía,así,levalo durante 3 días para a súa casa.
E así ,o noso libro,nunca máis volveu sentirse só porque sempre o estaban lendo e levando para unha casa diferente,pero el ,prometeuse,que nunca xamais esquecería a Cristina,esa rapaza que o mercara naquela librería,e que tanto ben lle fixera ao levalo para aquela gardería coa súa irmá,e con todos aqueles rapaces e rapazas!!!

                                                               Marta Dacuña Gómez  1º ESO A










POEMA


Un libro pode ser,
un monte de letras
que están sen coser,
e cheos de metas.
Piratas e corsarios,
guerreiros e princesas,
a montóns como raios,
nos contos e nas lendas.
Nun libro de poemas,

hai moitos dilemas,
e se tes moitas penas,
colle os seus lemas!
Co libro que lin,
que emoción collín!
Eu estaba desesperado,
e acabei ledo e ilusionado.

                    Guillermo Martínez Loureiro  1º ESO  A