Despois de ler os medos que Xabier P. Docampo escribiu no poema
Eu teño medo , que forma parte do seu libro
Cando petan na porta pola noite, os alumnos/as de 2º A e B, animáronse e, partindo desa mesma estrutura, crearon o seu poema cos seus propios medos. Aquí vos deixo algúns deles para que os leades. Seguro que moitos de vós tamén compartides algúns!
Eu teño medo… Eu
teño medo...
A perder a memoria. A quedarme sen aire.
A que morran todos os animais. A non volver a ver o ceo
máis.
A que os meus se esquezan de min. A que ninguén me lembre .
Ás armas. A
renderme, sen motivo.
Ás rúas, pola noite. A perder a vontade.
A estar atrapada nun sitio pechado. A non volver a recoñecerme.
As inxeccións que me pon o médico. A perderme e que non me
atopen..
A estar no hospital. A...
Ás catástrofes naturais. (Andrea Taboada, 2º
A)
A que me morda unha serpe velenosa.
A ir ao dentista.
Aos accidentes de tráfico.
Á xente que lle falta algún membro do corpo.
A
matarme.
A non
ser capaz de non fumar nin beber.
A acordarme de cousas que non quero.
A...
( María Freiría, 2º A )
Eu teño medo…
A quedarme soa na casa. Aos ladróns.
A pasear soa pola rúa. A que me secuestren.
A que me
morda un animal. A
quedarme castigada.
A ter un
accidente de tráfico. A
perderme.
A quedar
en cadeira de rodas. Ás
persoas que non coñezo.
Ás armas. A
ter que emigrar.
A que
haxa tormenta. A
ir ao dentista.
Á
choiva. Á
escuridade.
A que se inunde o meu barrio. A non falar nunca máis.
A que morra alguén querido. A perder un obxecto valioso.
A perder amizades. A caerme dunha altura.
A suspender
algún exame. A que non
haxa traballo.
A non
saber escribir nalgún momento. A que me
apaguen a luz.
A ter que operarme. A non durmir agusto.
A cantar e que chova. A
que me esperten.
A pasar
fame. A
morrer xoven.
A quedar
pobre. A…
( Estela
Loureiro, 2º A )
Eu teño medo... Eu
teño medo...
A que me piquen as serpes. A non
conseguir os meus soños.
A tolear. A
non ter futuro.
A que se acabe o mundo. A non ter liberdade.
A ter que ir á guerra. A non ter un
mundo sen crise
Á guerra aínda que non teña que ir. A non poder
elixir.
A montar
en avión. A
que che prohíban soñar.
A montar
en barco. A
que non che digan a verdade.
A non
poder montar en barco. A
ver un mundo cruel sen xustiza.
A non
poder casar. A
non poder axudar por non poder.
A casar
con quen non debo.
A morrer
axiña. (
Ángel Alonso, 2º B )
A morrer
estupidamente.
A non
poder ser unha bailarina.
A ser unha bailarina e estar soa no cume. Eu teño medo...
A que os que quero non me queiran. A afogarme.
A que
non existan libros. A
queimarme.
A non poder ler. Á
morte.
A que non chova. A
ter que ir á guerra.
A que chova demasiado. A perder seres queridos.
A que me mintan. A
que os animais desaparezan.
A que me utilicen. A ter un
accidente.
A non ter liberdade. Á fame.
A telo todo. Ás
enfermidades.
A non ter nada. Á
pobreza.
A non ter medo. Ao
quecemento global.
A ter moito medo. A
un globo terráqueo como un estercoleiro
A... onde
o mal sempre está primeiro.
( Iria Rodríguez, 2º B ) A...
(
Manuel Vázquez, 2º B )
Agora imos traballar con outra estrutura: A VIDA É...
Aquí vos deixo unha presentación como exemplo. A ver o que se vos ocorre!
A vida é...
A vida é fantasía,
non a perdas;
é o último recurso
para escapar da monotonía.
A vida é vida,
curta pero intensa.
A vida é espertar
cada día baixo o mesmo sol.
A vida é
cruel,
xógache malas pasadas.
A vida é un crebacabezas,
cada peza, un recordo.
A vida é aditiva,
unha vez comezas
a vivila non a queres deixar.
A vida é paixón,
hai que
vivila sen descanso.
A vida é
desertora,
abandona ao que non loita.
A vida é
inxusta,
nunca é como a planeamos.
A vida é un privilexio,
nunca xogues con ela
senón a queres perder.
A vida é...
Andrea Taboada Rodríguez . 2º ESO
A
María Freiría, de 2º ESO A, realizou a seguinte presentación:
A vida é un milleiro de cousas por descubrir, investígaas!
A vida é estar cos teus, non perdas nunca oportunidades!
A vida é un mosaico de cores, píntao a túa maneira!
A vida é compartir os teus segredos, busca un bo amigo!
A vida é xogar e divertirse, así que colle unha pelota e vai
á rúa!
A vida é cometer erros para aprender, non te angusties!
A vida é como unha nora, sempre da voltas!
A vida é saber facer cousas, aprende!
A vida é música, vai ao seu ritmo!
A vida é falar, aprende todos os idiomas que poidas!
A vida é gardar os bos momentos, saca fotos cos teus!
A vida é vida, non hai palabras para definila!
Marta Cruces Pintos. 2º ESO A