martes, 30 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Neste mes de maio, concretamente o día 17,celebramos a festa das nosas letras!

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Foi a Real Academia galega a que propuxo que se celebrase todos os anos, nesta data. 
Cada ano hónrase e difúndese a memoria e a obra da persoa homenaxeada.

50 anos de celebración! Canta cultura!

Rosalía de Castro (1963) · Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1964) · Eduardo Pondal (1965) · Francisco Añón Paz (1966) · Manuel Curros Enríquez (1967) ·Florentino López Cuevillas (1968) · Antonio Noriega Varela (1969) · Marcial Valladares Núñez (1970) · Gonzalo López Abente (1971) · Valentín Lamas Carvajal(1972) · Manuel Lago González (1973) · Xoán V. Viqueira Cortón (1974) · Xoán Manuel Pintos Villar (1975) · Ramón Cabanillas (1976) · Antón Vilar Ponte(1977) · Antonio López Ferreiro (1978) · Manuel Antonio (1979) · Afonso X o Sabio (1980) · Vicente Risco (1981) · Luis Amado Carballo (1982) · Manuel Leiras Pulpeiro (1983) · Armando Cotarelo Valledor (1984) · Antón Lousada Diéguez (1985) · Aquilino Iglesia Alvariño (1986) · Francisca Herrera Garrido (1987) ·Ramón Otero Pedrayo (1988) · Celso Emilio Ferreiro (1989) · Luis Pimentel (1990) · Álvaro Cunqueiro (1991) · Fermín Bouza-Brey (1992) · Eduardo Blanco Amor(1993) · Luis Seoane (1994) · Rafael Dieste (1995) · Xesús Ferro Couselo (1996) · Ánxel Fole (1997) · Martín Codax / Xohán de Cangas / Mendinho (1998) ·Roberto Blanco Torres (1999) · Manuel Murguía (2000) · Eladio Rodríguez (2001) · Frei Martín Sarmiento (2002) · Antón Avilés de Taramancos (2003) · Xaquín Lorenzo (2004) · Lorenzo Varela (2005) · Manuel Lugrís Freire (2006) · María Mariño Carou (2007) · Xosé María Álvarez Blázquez (2008) · Ramón Piñeiro(2009) · Uxío Novoneyra (2010) · Lois Pereiro (2011).  Valentín Paz-Andrade (2012) · Roberto Vidal Bolaño (2013)




O teatro galego está de festa! A Real Academia Galega decidiu adicar este ano 2013,  a un home do teatro: Roberto Vidal Bolaño. 

aclown.gif (13816 bytes)

El definíase así:


 Nós imos realizar diferentes traballos que nos leven a coñecer  a este gran dramaturgo e, tamén, este xénero literario que el tan ben cultivou ao longo da súa vida. Porque coma el, nós tamén nos sentimos:








Simon !

 O voso compañeiro, de 1º ESO B, acadou o 1º premio ( categoría A ), no concurso de microrrelatos organizado polo noso IES. Podedes ler o seu texto no blog do centro  (tedes a súa ligazón na marxe deste blog).Pero como sei que vos custa darlle ao rato,  aquí volo deixo para que o leades    e  lle deades os vosos parabéns!                                              



 DIARIO DE XOSÉ:
"Cando vivía debaixo dunha ponte atopei un par de mozas das que me fixen amigo. Fomos vivir todos á ponte. Contáronme que seus avós foran ricos, pero que só lles quedara unha trompeta, unha entrada de cinema que puña “12 de maio de calquera ano” e un monicreque. Hoxe era o día, así que fomos ao cinema máis próximo. Ao chegar, non serviu a entrada; entón sentamos ás agachadas na primeira fila, e cando nos ían descubrir, puxémoslle a trompeta ao monicreque, que cobrou vida!!! Tocouna e todo quedou conxelado no tempo; entón sentimos un gran desexo de entrar na película sendo así parte dos soños, parte do cinema.
Xosé."
                                             Simón Rodríguez Teixeiro


                      


Xa estades a entregar os traballos que realizastes.Que ben vos quedaron!
Acabamos de cambiar o decorado(como se estivesemos no teatro, que casualidade, verdade?), dos corredores que van cara as vosas aulas e case non cabían! Traballastes moito. Canta creatividade!
Aquí tedes algúns deles, pero xa sabedes que hai máis.





Outros de vós realizastes os traballos noutros formatos: textos, presentacións, poemas... Moitísima variedade! Mirade!






Bandera Gif Gallega
Andrea Taboada Rodríguez  2º ESO A



Daniel  e  Simón, 1º ESO B




María Freiría, 2º ESO A





O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Chegou o Día das Letras Galegas!
Por durmir non me poñen pegas.
Este dezasete de maio é un día especial,
fáiselle unha homenaxe a Roberto Vidal.
Neste gran día das letras galegas,
en Tui, faise a feira dos libros,
cando máis relocen as estrelas,
alumeando grandes escritos.
Un día de loita, de emoción,
historia e cultura,
ciencia e literatura.
Todo xunto, presta atención,
a nosa lingua é unha tradición!

                                                                      Guillermo Martínez Loureiro, 1º ESO A





7 comentarios:

  1. Son Marta Cruces de 2ºESO A.
    Parabéns Simón polo teu microrrelato! Gustoume moito. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns Simon,este microrrelato gustoume moitísimo!

    ResponderEliminar
  3. Son Ana Solla de 2º ESO B. E doulle os meus parabéns a Simón.
    Notase que esta feito con moitas ganas e esforzo!

    ResponderEliminar
  4. Son Yolanda de 1 ESO A.
    Parabéns Simón, gustoume moito o teu microrelato e creo que está feito con moita imaxinación.

    ResponderEliminar
  5. Son María de 2º ESO A. Quero darlle os meus parabéns a Simón polo seu microrelato, gustume moito,está moi ben feito.

    ResponderEliminar
  6. Ola! Son Ana de 1º ESO A. Quería darlle parabéns a Simón porque o seu microrelato está moi ben feito e por outra parte, dicir que gústanme os traballos de todos sobre o Día das Letras Galegas, están moi ben.

    ResponderEliminar
  7. Ola! Son Xosé Lois Refoxos e quero darvos a todas e todos a noraboa polos magníficos traballos que aparecen neste blog. E como non, agradecer a Teresa o enorme esforzo de levar a cabo esta páxina na que as palabras están coma na súa casa. Agardo con impaciencia o vindeiro curso para poder gozar con máis dos vosos traballos. PARABÉNS!!!

    ResponderEliminar