A poesía visual é unha forma de poesía non verbal na que a imaxe predomina sobre o resto dos outros compeñentes. Un exemplo son os Caligramas onde texto e imaxe gardan unha estreita relación.
Os métodos para crear poesía son diversos. No fondo, todo parte dun xogo. Un deles son os acrósticos.
Aquí vos deixo algunhas das actividades que realizastes para practicar esta clase de poesía que, coma sempre, están !
Galeguiño meu que
Andas a bailar.
Lonxe de aquí nunca
Estarás.
Galeguiño sempre.
Onte, hoxe e mañá!
Marta Alén. 2º ESO A
Cando chega o verán,
Lembro sempre,
Entusiasmado aqueles
Momentos máxicos e
Especiais que acontecen
Nesta estación do ano
Tan bonita e
Emocionante.
2º ESO B
Galiza terra meiga.
Aquí e alá sempre hai feira.
Lugares fermosos onde ti queiras.
Illada de todos os males do mundo.
Zapatos novos en cada feira.
Andando e andando pola miña terra voando.
Rubén Morais. 2º B
Amanece no horizonte
nada é igual.
Durmo nun
rancoroso
inferno.
Eterno sorriso
amado espertar.
Tratando de vivir
a vida como
quero.
ollos vermellos.
Abrindo portas
dando paso a
oportunidades
antigas que quero
recuperar.
Ana Solla 2º B