A poesía visual é unha forma de poesía non verbal na que a imaxe predomina sobre o resto dos outros compeñentes. Un exemplo son os Caligramas onde texto e imaxe gardan unha estreita relación.
Os métodos para crear poesía son diversos. No fondo, todo parte dun xogo. Un deles son os acrósticos.






Galeguiño meu que
Andas a bailar.
Lonxe de aquí nunca
Estarás.
Galeguiño sempre.
Onte, hoxe e mañá!
Marta Alén. 2º ESO A
Cando chega o verán,
Lembro sempre,
Entusiasmado aqueles
Momentos máxicos e
Especiais que acontecen
Nesta estación do ano
Tan bonita e
Emocionante.
2º ESO B
Galiza terra meiga.
Aquí e alá sempre hai feira.
Lugares fermosos onde ti queiras.
Illada de todos os males do mundo.
Zapatos novos en cada feira.
Andando e andando pola miña terra voando.
Rubén Morais. 2º B
Amanece no horizonte
nada é igual.
Durmo nun
rancoroso
inferno.
Eterno sorriso
amado espertar.
Tratando de vivir
a vida como
quero.
ollos vermellos.
Abrindo portas
dando paso a
oportunidades
antigas que quero
recuperar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario