
![]() |
Moi ben! Rematastes os traballos e quedaron chulísimos! Grazas pola vosa participación! Podedes ver algúns deles no corredor, de camiño ás aulas, adornando as paredes e invitándonos a reflexionar sobre a importancia da lectura. Aquí vos deixo unha mostra deles. Pero hai moitos máis!
Tamén realizastes algunhas presentacións , historias, poemas...Toda unha variedade de actividades onde recollestes a importancia que teñen os libros e toda a axuda que nos prestan. Sen eles, a vida non sería o mesmo, por iso necesitamos:
LER PARA VIVIR
Aquí vos deixo algunhas delas para que as disfrutedes e, xa sabes, engade os
-Cristina
e o seu libro-
Érase
unha vez un libro,vello e cheo de po, que vivía no andel da
habitación de Cristina, unha rapaza duns 15 anos.O noso libro
estaba triste,porque cría que xa nunca máis podería revivir as
suás aventuras,nin que ninguén volvería lelo nunca.
Un
día que Cristina se puxera a limpar a súa habitación,fixouse nun
vello libro,o noso libro, que tiña no seu andel.Cristina colleuno e
comezo a ollalo.Entón decatouse de que aquel libro xa era demasiado
infantil para ela.Foi xunto á súa nai e díxolle:-Mamá, dásme
permiso para ir ver a Xulia á gardería? É que quero darlles unha
cousa aos rapaces.
Cando
Cristina conseguiu o permiso da súa nai colleu o seu bolso e mais o
libro e marchou camiño da gardería.Cando chegou, a súa irmá
estaba na recepción,a punto de irlles contar un conto aos rapaces de
5 anos.Cando Xulia viu aparecer a Cristina pola porta ,díxolle:
-Ola,
Cris!Que ves facer aquí?Se me queres preguntar algo terás que
esperar,teño que ir contarlles un conto aos pequenos.-
-Diso
quería falarche.É que atopei este libro no meu andel ,e xa é
demasiado infantil para min,por iso cho traio.
Entón,Cristina
e Xulia, encamiñáronse cara a aula dos nenos/as de 5 anos.Xulia
chamou a todos os rapacese, pediulles que collesen un coxín e que
sentaran enfronte á enorme butaca que había na aula.Xulia sentou na
butaca e díxolle a Cristina que collese unha cadeira e que sentara
ao seu carón.Xulia colleu o libro das mans de Cristina e comezou a
lelo,mentres este pensaba:
“Que
ben me sento cando me len!É unha sensación tan marabillosa e
máxica,que non sei como explicala!!!”
Cando
Xulia rematou de ler,todos os nenos comezaron a dicir cousas como:
“Encantoume”
“É precioso” “É o mellor libro de aventuras de todos os
tempos”,etc...
De
súpeto, Xulia decatouse de que a portada do libro xa estaba algo
vella,entón decidiu mandalo a unha tenda para que lle puxeran unha
portada nova .Cando o libro volveu ter aspecto de estar recén
comprado Xulia e Cristna decidiron deixalo no andel dos libros de
préstamo, e así,cada mércores,todos os rapaces comezaban a pelexar
por ver quen o collía antes e quen conseguía,así,levalo durante 3
días para a súa casa.
E
así ,o noso libro,nunca máis volveu sentirse só porque sempre o
estaban lendo e levando para unha casa diferente,pero el
,prometeuse,que nunca xamais esquecería a Cristina,esa rapaza que o
mercara naquela librería,e que tanto ben lle fixera ao levalo para
aquela gardería coa súa irmá,e con todos aqueles rapaces e
rapazas!!!
Marta Dacuña Gómez 1º ESO A
POEMA
un monte de letras
e cheos de metas.
Piratas e corsarios,
guerreiros e princesas,
a montóns como raios,
nos contos e nas lendas.
Nun libro de poemas,
hai moitos dilemas,
e se tes moitas penas,
colle os seus lemas!
Co libro que lin,
que emoción collín!
Eu estaba desesperado,
e acabei ledo e ilusionado.
Guillermo Martínez Loureiro 1º ESO A
Ola! Somos Yolanda de 1ºESO A e Marta de 1º ESO C e ueremos dicir ue nos paraece boa idea celebrar o día do libro homenaxándoo con traballos porue agora case non precisamos os libros coas novas tecnoloxías de hoxe en día.
ResponderEliminarOla! Son Iria de 2º ESO B, gustoume moito facer este traballo,xa que a min encántame ler.Quería dar os meus parabéns a todos os que participaron,non sabería con que traballo quedarme!!
ResponderEliminarOla, son María Álvarez de 1º ESO A.
ResponderEliminarPásome por aquí para dicir que estes traballos están moi ben feitos,ademáis, os de vídeo teñen unha música moi bonita. Para rematar, dicir que o libro no é so páxinas e máis páxinas, senón que pode ser unha aventura máxica constantemente.