
Foi a Real Academia galega a que propuxo que se celebrase todos os anos, nesta data.
Cada ano hónrase e difúndese a memoria e a obra da persoa homenaxeada.
50 anos de celebración! Canta cultura!
Rosalía de Castro (1963) · Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1964) · Eduardo Pondal (1965) · Francisco Añón Paz (1966) · Manuel Curros Enríquez (1967) ·Florentino López Cuevillas (1968) · Antonio Noriega Varela (1969) · Marcial Valladares Núñez (1970) · Gonzalo López Abente (1971) · Valentín Lamas Carvajal(1972) · Manuel Lago González (1973) · Xoán V. Viqueira Cortón (1974) · Xoán Manuel Pintos Villar (1975) · Ramón Cabanillas (1976) · Antón Vilar Ponte(1977) · Antonio López Ferreiro (1978) · Manuel Antonio (1979) · Afonso X o Sabio (1980) · Vicente Risco (1981) · Luis Amado Carballo (1982) · Manuel Leiras Pulpeiro (1983) · Armando Cotarelo Valledor (1984) · Antón Lousada Diéguez (1985) · Aquilino Iglesia Alvariño (1986) · Francisca Herrera Garrido (1987) ·Ramón Otero Pedrayo (1988) · Celso Emilio Ferreiro (1989) · Luis Pimentel (1990) · Álvaro Cunqueiro (1991) · Fermín Bouza-Brey (1992) · Eduardo Blanco Amor(1993) · Luis Seoane (1994) · Rafael Dieste (1995) · Xesús Ferro Couselo (1996) · Ánxel Fole (1997) · Martín Codax / Xohán de Cangas / Mendinho (1998) ·Roberto Blanco Torres (1999) · Manuel Murguía (2000) · Eladio Rodríguez (2001) · Frei Martín Sarmiento (2002) · Antón Avilés de Taramancos (2003) · Xaquín Lorenzo (2004) · Lorenzo Varela (2005) · Manuel Lugrís Freire (2006) · María Mariño Carou (2007) · Xosé María Álvarez Blázquez (2008) · Ramón Piñeiro(2009) · Uxío Novoneyra (2010) · Lois Pereiro (2011). Valentín Paz-Andrade (2012) · Roberto Vidal Bolaño (2013)
O teatro galego está de festa! A Real Academia Galega decidiu adicar este ano 2013, a un home do teatro: Roberto Vidal Bolaño.
El definíase así:
Nós imos realizar diferentes traballos que nos leven a coñecer a este gran dramaturgo e, tamén, este xénero literario que el tan ben cultivou ao longo da súa vida. Porque coma el, nós tamén nos sentimos:


O voso compañeiro, de 1º ESO B, acadou o 1º premio ( categoría A ), no concurso de microrrelatos organizado polo noso IES. Podedes ler o seu texto no blog do centro (tedes a súa ligazón na marxe deste blog).Pero como sei que vos custa darlle ao rato, aquí volo deixo para que o leades e lle deades os vosos parabéns!
DIARIO DE XOSÉ:
"Cando vivía debaixo dunha ponte atopei un par de mozas das que me fixen amigo. Fomos vivir todos á ponte. Contáronme que seus avós foran ricos, pero que só lles quedara unha trompeta, unha entrada de cinema que puña “12 de maio de calquera ano” e un monicreque. Hoxe era o día, así que fomos ao cinema máis próximo. Ao chegar, non serviu a entrada; entón sentamos ás agachadas na primeira fila, e cando nos ían descubrir, puxémoslle a trompeta ao monicreque, que cobrou vida!!! Tocouna e todo quedou conxelado no tempo; entón sentimos un gran desexo de entrar na película sendo así parte dos soños, parte do cinema.
Xosé."
Xosé."
Simón Rodríguez Teixeiro






Acabamos de cambiar o decorado(como se estivesemos no teatro, que casualidade, verdade?), dos corredores que van cara as vosas aulas e case non cabían! Traballastes moito. Canta creatividade!
Aquí tedes algúns deles, pero xa sabedes que hai máis.
Outros de vós realizastes os traballos noutros formatos: textos, presentacións, poemas... Moitísima variedade! Mirade!



Andrea Taboada Rodríguez 2º ESO A
Daniel e Simón, 1º ESO B
María Freiría, 2º ESO A
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Chegou o Día das Letras Galegas!
Por durmir non me poñen pegas.
Este dezasete de maio é un día especial,
fáiselle unha homenaxe a Roberto Vidal.
Neste gran día das letras galegas,
en Tui, faise a feira dos libros,
cando máis relocen as estrelas,
alumeando grandes escritos.
Un día de loita, de emoción,
historia e cultura,
ciencia e literatura.
Todo xunto, presta atención,
a nosa lingua é unha tradición!